Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un home de 47 anos en Marbella acusado de asasinar á súa exparella

Detido un home de 47 anos en Marbella acusado de asasinar á súa exparella

O suposto autor entregouse á Policía e pasará a disposición xudicial nas vindeiras horas

O corpo da muller, de 53 anos, foi localizado nun descampado con sinais de violencia

O descampado onde apareceu o corpo da muller. EFE/ Esther Gómez
G24.gal 07/06/2025 22:29 Última actualización 08/06/2025 10:04

Unha muller foi asasinada en Marbella (Málaga) presuntamente a mans da súa exparella, que, tras entregarse á Policía Nacional, permanece detida. O cadáver da vítima, de 53 anos, foi localizado nun descampado con sinais de violencia.

O home arrestado, de 47 anos e nacionalidade búlgara, xa fora identificado tras o crime. A Delegación do Goberno Contra a Violencia de Xénero está a solicitar datos para determinar se se trata dun novo asasinato machista.

De se confirmaren, serían trece as mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas en España no que vai de ano 

O presunto agresor non estaba no sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Vioxén).

Comisaría de Marbella. FOTO: Policía Nacional Comisaría de Marbella. FOTO: Policía Nacional

Atención ás vítimas

O teléfono 016 atende a todas as vítimas de violencia machista as 24 horas do día e en 52 idiomas diferentes, do mesmo xeito que o correo 016-online@igualdad.gob.es.

Tamén se presta atención mediante WhatsApp a través do número 600 000 016, e os menores poden dirixirse ao teléfono da Fundación ANAR 900 20 20 10.

Nunha situación de emerxencia, pódese chamar ao 112 ou aos teléfonos da Policía Nacional (091) e da Garda Civil (062), e en caso de ser imposible realizar unha chamada, pódese recorrer á aplicación ALERTCOPS, desde a que se envía un sinal de alerta á Policía con xeolocalización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade