Publicador de contidos

Publicador de contidos

Berros de "asasino" para o acusado de matar unha muller en Lugo de 47 coiteladas

Berros de "asasino" para o acusado de matar unha muller en Lugo de 47 coiteladas

As acusacións piden para o autor confeso do crime a pena máxima, 30 anos de prisión, por asasinato con aleivosía e asañamento e roubo con violencia

A vítima foi atopada sen vida no seu domicilio. Tiña 42 anos e o seu corpo presentaba corenta e sete coiteladas.

(EFE/Pedro Eliseo Agrelo Trigo)
Beatriz Sánchez. 26/05/2025 14:26 Última actualización 26/05/2025 15:14

José Uriel Valencia era increpado con berros á súa chegaba á Audiencia Provincial de Lugo, procedente do penal de Teixeiro. Tras dous anos e medio en prisión preventiva rende contas ante a Xustiza polo asasinato de Cristina Cabo Buján, a muller á que apuñalou o 27 de novembro de 2022. A vista oral dará as claves pra condenalo por asasinato ou por homicidio.

O xuízo arrincou coa selección do xurado popular e a declaración da irmá do acusado, quen o delatou á policía. Fiscalía e acusación particular piden pra el 30 anos de prisión por asasinato con aleivosía e asañamento e roubo con violencia. A defensa considera que foi un homicidio en lexítima defensa e alega enaxenación mental por consumo de drogas.

Cristina Cabo tiña 42 anos cando foi atopada sen vida por un familiar no seu domicilio da rúa Quiroga. Coñecera o seu verdugo horas antes nun bar de copas. O colombiano levaba dous meses residindo en Lugo. Ambos remataron a noite no piso da vítima.

Segundo a Fiscalía discutiron, ela colleu un coitelo da cociña que el lle arrebatou e apuñalouna ata a morte. 

O crime de Cristina Cabo conmocionou a capital lucense, onde rexentaba unha tenda de produtos ecolóxicos no barrio da Milagrosa. Era activista da plataforma feminista de Lugo, cuxas compañeiras arrouparon a familia neste primeiro día do xuízo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade