Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un veciño de Tui cando circulaba en bicicleta polo centro da vila

Morre un veciño de Tui cando circulaba en bicicleta polo centro da vila

A policía investiga as circunstancias do suceso, pero todo apunta a que o home de 74 anos sufriu algún tipo de indisposición

G24.gal 27/05/2025 23:10

Foi un particular quen pouco antes das 8 da tarde de onte alertou o 112 para informar da presenza dun home deitado na calzada a carón da súa bicicleta e que non daba sinais de vida. Trátase dun veciño de Tui, de 74 anos, e todo apunta a que debeu sufrir unha indisposición, xa que varias testemuñas viron como caía da súa bicicleta.

Malia que foi atendido dende un primeiro momento por un policía local e unha enfermeira que comezaron a facer as manobras de reanimación, non puideron facer nada para salvarlle a vida.

O suceso ocorreu no centro de Tui, no paseo Calvo Sotelo, polo que ata aquí desprazáronse unha ambulancia do 061, voluntarios de Protección Civil é a Policía Local que tivo que desviar o tráfico durante 2 horas mentres non se procedeu ao levantamento do cadáver.

Polo momento descoñécense as causas exactas da morte e as autoridades continúan traballando para esclarecer o ocorrido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade