Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco anos despois da pandemia, a venda de bicis non atravesa un bo momento

Cinco anos despois da pandemia, a venda de bicis non atravesa un bo momento

No 2020, coincidindo coa desescalada cara á nova normalidade, disparárase a venda de bicicletas 

G24.gal 30/09/2025 14:46

A pandemia disparou a venda de bicicletas. De feito, no 2020 vendéronse o dobre de bicicletas que coches. Había moitas ganas de saír ao exterior e a bicicleta ofrecía liberdade.

José Manuel Oliveira, xerente de Oliveira, recorda que "coa pandemia despachábanse bicicletas, que era un momento en que as casas comerciais quedaron sen bicicletas e non había bicicletas para servir".

Tamén o recorda Víctor Mariño, de Millabike: "Vendemos todo o que había en tenda, mesmo bicicletas que pensabas que che ía custar un pouco vender por anticuadas, pero como non había stock, o que había vendíase". 

Cinco anos despois a realidade nada ten que ver coa actual. En Oliveira, por exemplo, había días de vender ata 7 unidades. Di José Manuel Oliveira que agora "están atravesando un mal momento, están vendendo ao ano unhas 60 ou 80 bicicletas, cando naquela época chegaban a unhas 300". 

Víctor Mariño recoñece que "son malos tempos e que neste momento a venda está estancada".   

Nos dous negocios a viabilidade da tenda está no taller. O elevado prezo das bicicletas fai que a xente prefira arranxar as vellas antes que facerse cunha nova. Valla como exemplo a zona de Santiago de Compostela, na pandemia había unhas doce tendas. Agora quedan catro. Unha carreira con moitos remontes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade