Publicador de contidos

Publicador de contidos

As bicicletas tomaron o centro de Santiago por un transporte sostible

As bicicletas tomaron o centro de Santiago por un transporte sostible

Os actos da semana da mobilidade en Santiago pecharon cunha pedalada popular polo centro da cidade

G24.gal 28/09/2025 15:02 Última actualización 28/09/2025 16:27

O tráfico estivo cortado para que os ciclistas puidesen moverse polo centro da cidade. Pequenos e grandes aproveitaron a oportunidade de dar un paseo sen ter que se preocupar polos coches.

Ademais, na rúa da Senra houbo actividades como obradoiros de mobilidade sostible, xincana en bicicleta, xogos e mesmo a ciclobiblioteca, que fomenta a un tempo a lectura e o uso da bici.

Foi o broche da Semana Europea da Mobilidade coa que se busca potenciar o uso do transporte sostible e humanizar a cidade recuperando espazos para as persoas e para o uso deste vehículo de dúas rodas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade