Publicador de contidos

Publicador de contidos

Renfe e Iryo non devolverán o billete pola decisión de ADIF de reducir a velocidade e os viaxeiros piden baixar os prezos

Renfe e Iryo non devolverán o billete pola decisión de ADIF de reducir a velocidade e os viaxeiros piden baixar os prezos

A compañía Ouigo mantén as súas compensacións, pero a organización de consumidores di que se supera o atraso os 120' as tres compañías deben aboar o 50% do billete

 Case todos os viaxeiros coinciden que en que teñen sufridos atrasos estes días, e os maquinistas non deixan de reportar incidencias nas vías

Hai xente que preferiría chegar a tempo que a devolución do billete, outros din que o máis importante é a seguridade e tamén critican que están pagando por un servizo de alta velocidade que non están a recibir

G24.gal 31/01/2026 14:36 Última actualización 31/01/2026 16:50

O anuncio das compañías de alta velocidade Renfe e Iryo de que non aplicarán a súa política de devolución do importe do billete polos atrasos que se deban ás limitacións temporais de velocidade, que ADIF está aplicando nalgunhas liñas, colleu por sorpresa os pasaxeiros. Entre os que marchaban ou chegaban hoxe de Madrid hai diversidade de opinións, pero a maioritaría é que se non devolven os cartos, que baixen o prezo do billete.

"A min paréceme mal, como a todos, imaxino. Se pagas alta velocidade deberían darche alta velocidade, pois se non chegas por seguridade, o que teñen que facer é baixar o prezo dos billetes".

É o que pensan os viaxeiros que chegaban á estación de Ourense no AVE desde Madrid. Para algúns o máis importante din, é chegar a tempo. 

E para outros é máis importante é a seguridade.

Pero case todos os viaxeiros coinciden en que teñen sufridos atrasos estes días, e os maquinistas non deixan de reportar incidencias nas vías. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade