Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un vigués de 20 anos tras lanzarse ao río Verdugo desde a ponte medieval de Romariz, en Soutomaior

Falece un vigués de 20 anos tras lanzarse ao río Verdugo desde a ponte medieval de Romariz, en Soutomaior

Unha moza que o acompañaba logrou saír da auga polos seus propios medios

G24.gal 27/05/2025 23:26 Última actualización 28/05/2025 14:12

Ás tres da mañá rematou o operativo en Soutomaior do rescate e levantamento do cadáver do mozo que se guindara á auga da man da súa noiva desde a ponte da Comboa en Soutomaior.

Xa non volveu emerxer malia os esforzos da moza e doutras persoas que estaban no lugar. Contra ás oito da tarde comezaba o complexo operativo en que participaron os equipos de emerxencias de Mos e o Verdugo Oitavén ademais de voluntarios e a Garda Civil.

Segundo o xefe do operativo da Benemérita no achado do corpo foi clave a participación do dron acuático da Garda Civil, o Glaudius Mini S con base no porto de Vigo, xa que o corpo estaba a unha profundidade de sete metros baixo os piares da ponte medieval e a auga presentaba certo grao de turbidez, ademais de que a noite xa se botara enriba.

Tamén foi esencial a presenza do equipo de actividades subacuáticas da Garda Civil, os GEAS, con base na Coruña. Que a marea estivese baixa no momento do rescate facilitou o traballo dos mergulladores.

O xefe do operativo, o tenente Gonzalo Panadero, salientou a colaboración de todos os servizos de emerxencias, do concello de Soutomaior e tamén dos voluntarios, e mesmo do equipo de psicólogos que acudiu ata o lugar aínda que sen chegar a intervir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade