Publicador de contidos

Publicador de contidos

As familias agardan que se confirme a identidade das vítimas do coche ardido en Campo Lameiro

As familias agardan que se confirme a identidade das vítimas do coche ardido en Campo Lameiro

Á falta das probas de ADN, todo apunta a unha parella que vive en Moraña, que faltaba da casa

O home tiña unha orde para ingresar en prisión por un caso de violencia de machista contra a súa exparella

G24.gal 02/06/2025 14:33

As propias familias das vítimas prepáranse para o peor.

"Moi desgustada. Como unha nai non vai estar desgustada? Non me dá a sensación de que fixese semellante cousa!". 

Cóntao desolada a nai de José Ramón. Á falta da confirmación oficial, a Garda Civil foi preparando a familia.

"As mozas que estiveron toda a tarde aquí, onda nós. Veu a Garda Civil, pero xa non me acordaba porque eu xa me tombei", engade. 

Dixéronlles que esta tarde poderían ter novidades, pero a identificación dos corpos é complexa. 

"O estado dos cadáveres é bastante lamentable porque parece que arderon na súa totalidade e resulta complicado facer esas probas de ADN. Entón, estamos esperando a ver se eses resultados chegan canto antes", explica Sito Gómez, alcalde de Moraña.

Segundo se comenta, faltaban da casa dende hai dúas semanas, despois de recibir a visita da Garda Civil. Suponse que foron avisar ao home do seu ingreso en prisión, por un caso de malos tratos á súa anterior parella. Con esta, din, que se repetía o patrón. 

"A Garda Civil xa chamou o xoves dúas veces preguntando por el", confirma a nai do home.

Un veciño engade que a Garda Civil estivo na casa da parella o día 20 de maio e que despois desapareceron. Asegura que as discusións entre a parella eran fortes e que mesmo viron a ela cun golpe na cara.

Todo apunta a outro caso máis de violencia de xénero, pero a Garda Civil xa adianta que será unha investigación complexa. Máis alá do ADN, haberá que saber que pasou nese coche: ela estaba no asento do copiloto, completamente calcinada, e el con medio corpo fóra, coma se quixese fuxir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade