Publicador de contidos

Publicador de contidos

Declara ante a xuíza a muller tiroteada presuntamente pola súa exparella en Verín

Declara ante a xuíza a muller tiroteada presuntamente pola súa exparella en Verín

 A vítima foi dada de alta no Complexo Hospitalario de Ourense

Pegada do tiroteo Pegada do tiroteo
G24.gal 03/06/2025 12:25

A muller tiroteada presuntamente pola súa exparella foi dada de alta e acudiu ao xulgado desta vila a dar a súa versión dos feitos. A vítima atopábase na casa dos pais, onde levaba un tempo vivindo, cando recibiu dous impactos de bala, supostamente efectuados polo home que fora parella súa. Dous dos disparos déronlle á muller no peito e nun brazo.

A vítima é unha muller de 35 anos que xa denunciara por malos tratos a súa exparella, coa que ten tres fillos de entre 17 e 12 anos. Vivía con el nun poboado de Xinzo e fuxiu hai dous meses para onda seus pais. Preto das oito da tarde dese mesmo día, a Garda Civil detiña o presunto agresor, de 36 anos, en San Cibrao das Viñas. A pistola atopárona os axentes horas despois na súa casa de Xinzo.

A titular do Xulgado de Instrución número un de Verín, competente en violencia sobre a muller, decretou "prisión provisional, comunicada e sen fianza," para o agresor. O xulgado ourensán acordou tamén agravar a orde de protección acordada polo xulgado o 26 de xullo de 2024, na que se lle prohibía "non só aproximarse á vítima e comunicarse con ela, senón tamén aproximarse e comunicarse cos seus tres fillos menores".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade