Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Ponte Farruca de Laza reivindica a diversidade no rural

A Ponte Farruca de Laza reivindica a diversidade no rural

A romaría celebrouse con dous meses de atraso por mor dos incendios do verán

O festival fai bandeira da igualdade a través de actividades populares e xogos labregos

G24.gal 25/10/2025 21:10 Última actualización 25/10/2025 21:39

Vestidas á última moda das pasarelas de París, veciñas e visitantes reivindicaron en Laza as tradicións e a cultura do rural galego.

"A min encántame Ourense. Veño a todo o que me botan".

"É unha festa na que todos podemos ser nós mesmos, sen que te xulguen", comentan dúas participantes.

A romaría de Ponte Farruca promove a igualdade e a diversidade, a través de actividades populares, coma os cantos de taberna. Primeiro, un obradoiro, para aprender a entoar. E cando as voces están xa adestradas, é a hora de actuar.

"E a xente está toda animada, fanse microfoliadas mentres van pasando os cantos de taberna".

"E nun contexto en que pensamos que a diversidade de xénero e sexual é de grandes cidades, como Madrid ou Barcelona, aquí vemos que permea todo tipo de comunidade, de cultura...", sinalan os asistentes.

Tamén hai tractorada engalanada, todo un exercicio de fantasía, e xogos labregos, para os que cómpre forza e habilidade.

Concertos, feira de artesanía, xantar popular e, sobre todo, a convivencia completan o cartel desta festa que empeza a competir co célebre Entroido de Laza en capacidade de convocatoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade