Publicador de contidos

Publicador de contidos

Récord de peregrinos en maio

Récord de peregrinos en maio

O mes pasado chegaron a Compostela case 80.000 peregrinos, un 8% máis que en 2024

G24.gal 03/06/2025 17:30

Un total de 78.799 peregrinos selaron a súa compostela en Santiago durante o mes de maio, o que supón un 8 % máis que o mesmo mes do ano pasado e un novo récord para o Camiño, co Francés como a ruta máis escollida.

Segundo os datos da Oficina de Acollida ao Peregrino, o 71,4 % dos peregrinos que chegaron o mes pasado eran estranxeiros e o 28,6 % restante españois. Os estadounidenses (11,01 %), os alemáns (6,3 %), os italianos (4,84 %) e os portugueses (4,79 %) foron as nacionalidades estranxeiras máis numerosas.

En canto aos peregrinos españois, Madrid (19,59 %), Andalucía (17,58 %), Cataluña (12,74 %) e Comunidade Valenciana (12,52 %) lideraron as estatísticas. O Camiño Francés mantívose como a ruta  máis concorrida e foi escollida polo 45 % dos peregrinos. A gran maioría chegou a pé (92,57 %) e un 5,05 % fíxoo en bicicleta.

No que vai de ano, un total de 158.162 peregrinos selaron a súa compostela en Santiago, un 7 % máis que o dato dun ano atrás. Estas cifras fan esperar que este ano se volva a bater un récord e que o número de peregrinos supere o medio millón, xa que en 2024 rozouse esa cifra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade