Publicador de contidos

Publicador de contidos

Trinta anos de abandono do aeródromo da Limia

Trinta anos de abandono do aeródromo da Limia

Entre as leiras de patacas da Limia resiste unha antiga pista de aviación, concibida na década dos 90 como aeródromo local

Anos despois do fracaso deste proxecto, intentaron recuperala como base para drons, pero tampouco prosperou

G24.gal 18/09/2025 14:43

Trinta e dous anos pasaron xa desde o voo inaugural no aeródromo de Trasmiras. Un voo accidentado que deixou o daquela alcalde ferido.

"Eu alí non estaba, pero contaron que pasaran a pista para o outro lado", comenta un veciño.

Aínda houbo máis voos antes da traxedia que puxo fin ao experimento. O piloto faleceu e o aeródromo entrou en desuso ata quedar abandonado.

 "Eu tería uns 15 anos cando a fixeron e funcionaba moi ben, pero despois houbo un accidente e...". "Desde que se matou aquel non volveron as avionetas", sinalan outros dous veciños.

Nas décadas seguintes houbo outros intentos de relanzamento das instalacións, como unha base pioneira para avións non tripulados, cando a tecnoloxía dos drons era unha prometedora novidade. Pero tamén quedou en nada.

Emilio José Pazos Ojea, alcalde de Trasmiras: "Daquela o que se falaba era de tres quilómetros e medio de pista e aquí non era viable polas limitacións que temos polos núcleos de poboación. Foi para Rozas e hoxe teñen o polígono que teñen".

Os terreos foran cedidos polos veciños de Vilaseca, a aldea onde se fixeron as obras. A cambio, construíronlles unhas piscinas e unha área recreativa, aínda en uso. Pero os veciños lamentan o estado de abandono da pista que tanto os fixo soñar.

"Marcharon de aquí e deixáronnos sen campo de aviación, para ir a Ourense ou a calquera sitio. Podiamos ir a Madrid nos avionetos, eh?", conclúe con retranca un veciño.

Os hangares é o único que segue en uso, como almacén municipal e para as motobombas de extinción de incendios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade