Namorar no Camiño de Santiago: unha historia máis común do que parece
Con peregrinos de case duascentas nacionalidades, incluso damos con romances internacionais
O Camiño de Santiago ben pode cambiar a vida. Sobre todo, se se atopa pasiño a pasiño con quen compartir o resto dos días. Unha historia máis común do que parece.
Máis de douscentos mil peregrinos chegaron a Santiago este ano, máis de duascentas mil historias que levarán á casa... e algunha delas será de amor?
Con peregrinos de case duascentas nacionalidades, incluso damos con romances internacionais.
José de la Fuente escoita as vivencias dos peregrinos cada día na súa tenda en plena zona histórica. Ten empatía con elas porque el mesmo ten a súa propia historia de amor no Camiño. Hai xa dez anos que coñeceu a súa parella en Ponferrada.
Ás veces semella que o que pasa no Camiño, non queda no Camiño, senón todo o contrario.