Publicador de contidos

Publicador de contidos

Protección Civil de Castela e León pídelles aos peregrinos que non continúen o Camiño polos incendios

Protección Civil de Castela e León pídelles aos peregrinos que non continúen o Camiño polos incendios

Concretamente refírense aos tramos que atravesan Astorga, Ponferrada, Bembibre e O Bierzo

Castela e León ten 26 incendios activos polo que a situación segue sendo "de extrema gravidade e simultaneidade"

G24.gal 18/08/2025 16:32

A Axencia de Protección Civil e Emerxencias de Castela e León lanzou un chamamento para que os peregrinos que realizan o Camiño de Santiago pola zona, afectada polos incendios forestais, non continúen coa ruta. Concretamente, refírense aos tramos que atravesan Astorga, Ponferrada, Bembibre e O Bierzo. Así, piden que non continúen a ruta e que sigan as instrucións das autoridades.

Castela e León arrincou este luns 18 de agosto con 26 incendios activos, dos cales dez se atopan en Índice de Gravidade Potencial (IGR) 2 nas provincias de Zamora, León e Salamanca, mentres dez alcanzan o nivel 1 en León, Palencia, Salamanca, Ávila e Zamora. Así o reflicte o balance de incendios forestais en Castela e León realizado polo Executivo autonómico, do que se desprende que a situación segue sendo "de extrema gravidade e simultaneidade" pola cantidade de incendios activos.

Os incendios máis graves concéntranse nas provincias de Zamora, León e Salamanca, ao situarse nestas provincias varios de gravidade 2, especialmente en León, onde os incendios orixinados en Fasgar, Anllares do Sil, Chamas de Cabrera, Yeres -que afectou As Medulas-, Paradiña, Barniedo da Raíña e Canalejas seguen neste nivel de perigo, do mesmo xeito que o de Gestoso.

O de Barniedo e o de Canalejas xa son de carácter autonómico ao pasar á provincia de Palencia, e o de Gestoso é o que pasou á provincia de León desde Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos