Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os peregrinos desafían a vaga de calor

Os peregrinos desafían a vaga de calor

Madrugar máis e facer etapas máis curtas as claves para camiñar con altas temperaturas

Indispensable hidratarse cada certo tempo e utilizar protector solar

G24.gal 04/08/2025 14:44

Se facer o Camiño de Santiago xa é un desafío en condicións normais, facelo en plena vaga de calor é case unha fazaña. Os peregrinos din que as etapas están a ser moi duras debido ás altas temperaturas.

No Camiño Francés ao seu paso por Melide e Arzúa o mercurio chegará ata os 35 graos e no Camiño Portugués ao seu paso por Pontevedra e Ourense a preto de corenta. Facer unha etapa nestas condicións semella unha tolemia pero é posible se se seguen unhas recomendacións que os camiñantes parecen ter ben aprendidas.

Os peregrinos coinciden en que a mellor forma de combater as altas temperaturas é madrugar máis, facer etapas máis curtas para evitar as horas de máis calor, beber moito e cubrir a cabeza para evitar insolacións. E, por suposto, botar crema solar en abundancia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade