Mexillóns seleccionados por sexo e cor
Un proxecto da Universidade de Vigo explora a produción de mexilla con características sexuais e cores específicas
Os exemplares máis brancos adoitan ser machos e os colorados, femias, e estes últimos son os preferidos polos consumidores
Son un auténtico manxar. Unha vez cociñado, o mexillón pode ser máis colorado ou abrancazado. Os propios consumidores descoñecen o porqué destas diferenzas de cor. Pero teñen claro cal elixir. Achegámonos ata o mercado de Ourense.
"O alaranxado parece que está máis vivo, máis fresco".
"A cor está determinada por se son machos ou femias".
Efectivamente a súa cor vén marcada polas súas características sexuais. Ángel Pérez, investigador do CIMA en Vigo.
"Se colles un grupo de mexillóns que son laranxas forte, a maioría, máis do 90 % van ser femias".
Agora un estudo da Universidade de Vigo está explorando a produción de mexillóns femias. Deste xeito, cumpren dous obxectivos. Aumentar a produción deste bivalvo fronte á escaseza e por outro facelo segundo as preferencias do consumidor.
"É posible realizar este selección xenética, non é tranxénese, senón seleccións xenética clásica como se fixo con porcos, as vacas ou o millo".
"Si que é certo que ese rosado quizais teña un pouco máis de sabor que o branco. Non sei se é de maneira inconsciente, pero a xente vai máis a ese rosado".
Son as verbas do cociñeiro de A Taberna e actual presidente de Amigos da Cociña Galega.
Estas mexillas chegaran ás bateas nun curto período de tempo. Xa fixeron probas reais e aseguran que os resultados foron óptimos. Tanto que nin o propio consumidor distinguirá se foi xerado nesta estación mariña ou se foi captado do medio natural.