Cargando resultados...
Crean unha axencia especializada en viaxes con cans
Ofrecen experiencias e escapadas pensadas para gozar coas mascotas
Revisan aloxamentos, restaurantes ou propostas culturais aptas para humanos e animais
Organiza actividades onde todos gocen
G24.gal
03/06/2025 20:46
Última actualización 03/06/2025 21:35
Coco e Biela, os cans de María de los Ángeles Paz, son en boa medida responsables do nacemento en Galicia de Rekunchos, unha axencia de viaxes pet friendly. Organiza actividades onde todos gocen, polo momento son excursións guiadas ou escapadas dentro de Galicia.
A idea de Ángeles vai máis alá de atopar aloxamentos que permitan a entrada dos cans, inclúe tamén restaurantes, rutas de sendeirismo ou ofertas culturais onde todos gocen da experiencia.
Na súa procura, van sempre comprobar os locais amigables coas mascotas antes de ofrecérllelos aos clientes.