Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home asasina a puñaladas a súa nai en Tenerife

Un home asasina a puñaladas a súa nai en Tenerife

Os veciños alertaron a policía tras ver o home con rastros de sangue 

vista da vivenda na que sucederon os feitos (EFE/Alberto Valdés) vista da vivenda na que sucederon os feitos (EFE/Alberto Valdés)
G24.gal 05/06/2025 09:48

Atopan o cadáver dunha muller de 67 anos na súa vivenda en Barrio Nuevo, no municipio tinerfeño da Laguna. Fontes da Policía Nacional indican que morreu apuñalada.

O seu fillo, de 44 anos, co que compartía vivenda, foi detido como presunto autor do asasinato. As fontes explicaron que cara ás 22:30 horas do mércores os veciños do inmoble, na rúa Los Guanches, alertaron á policía porque un home corría con rastros de sangue. 

Cando os axentes chegaron ao lugar do suceso observaron ao home na rúa, ensanguentado, e que se deu á fuga, polo que foi detido. O cadáver da muller estaba tapado cunha manta e tiña feridas de arma branca. As fontes indicaron que o home detido como presunto autor do crime sofre trastornos psiquiátricos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade