Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan unha agresión sexual a unha menor en Lalín

Investigan unha agresión sexual a unha menor en Lalín

O presunto autor foi detido e quedou en liberdade con orde de afastamento

A vítima, de 16 anos, denunciou os feitos ocorridos o domingo 22

G24.gal 24/06/2025 18:16

A Garda Civil investiga unha agresión sexual a unha menor ocorrida esta fin de semana no concello pontevedrés de Lalín. Os feitos denunciados tiveron lugar o pasado domingo, 22 de xuño, segundo fontes próximas ao caso.

O presunto autor da agresión foi detido e pasou este martes a disposición xudicial. O xulgado decretou a súa posta en liberdade cunha orde de afastamento de 500 metros respecto da vítima, que ten 16 anos.

A investigación inicial correu a cargo do equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Lalín, que se encargou de levar o detido ante o xulgado durante a mañá deste martes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade