Novas

20/06/2025 14:03
'O espírito de Vania', volve o dilema humano á Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas
Machi Salgado afronta os 6 personaxes de Chéjov neste monólogo dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio
O 4 de xullo é a estrea no Auditorio de Cangas

O téxtil galego crece e internacionalízase con empresas como Paz Rodríguez
20/06/2025 13:55
Vende en 30 países e a súa intención é seguir conquistando novos mercados como Asia
A industria téxtil galega crece e xa representa máis do 13 % do PIB da comunidade

20/06/2025 13:47
Xosé Benito Reza é estudoso da capela de San Miguel e acaba de publicar 'Ciencia e misterio en Celanova'
Segundo os seus cálculos, ten unhas proporcións áureas, empregadas xa por exipcios e romanos para conseguir a perfección
Un fenómeno relacionado probablemente cun antigo culto solar que se celebraría no penedo que está a carón da capela é a orixe do mito de San Miguel

Cristian Silva: "É un disco no que acepto que estou nas augas fondas e asumo que é o meu lugar"
20/06/2025 13:45
'Un home tranquilo', unha historia completa onde a gaita é a gran protagonista, onde a tradición dialoga sen prexuízos coa modernidade
Neste traballo, as frautas e zanfonas eléctricas fusiónanse con guitarras, sintetizadores e seccións rítmicas que bailan entre funk, indie e jazz
O disco publicouse en formato CD e e nun vinilo de edición limitada. O 27 de xuño estará tamén nas plataformas dixitais

Cinco días sen auga, en plena vaga de calor, nunha rúa de Lugo
20/06/2025 13:42
As familias afectadas, con bebés e anciáns, van asearse ás casas de parentes e achegados

Desartellan unha banda de traficantes de droga que operaba a través do río Guadiana
20/06/2025 13:31
Dezaoito membros da banda foron detidos, entre eles un policía local, e catro ingresaron xa no cárcere
A operación desenvolveuse nas provincias de Huelva, Sevilla, Cádiz e Málaga, e nela participaron 250 axentes

20/06/2025 13:18
Publicáronse datos persoais e teléfonos nunha canle de Telegram con máis de 92.000 seguidores
O grupo empregaríase para difundir a actividade política de Alvise Pérez, atacar o Goberno ou divulgar mensaxes xenófobas

Begoña Caamaño, protagonista das Letras Galegas 2026
20/06/2025 13:11
A escritora e xornalista viguesa será a autora homenaxeada en 2026
O plenario valorou a riqueza da súa obra literaria e tamén a súa traxectoria profesional," en defensa dunha profesión xornalística independente e crítica" nos medios públicos galegos
Begoña Caamaño desenvolveu boa parte da súa traxectoria profesional como xornalista na Radio Galega

Lupe Murillo, moi satisfeita co cambio de configuración da Primeira Federación
20/06/2025 12:54
Murillo: "Tiñamos moito gasto, non había público e as viaxes eran longas"

Sánchez reúnese con Illa na Moncloa en plena crise do caso Cerdán
20/06/2025 12:47
Moncloa enmarca este encontro na ronda de contactos do presidente co gallo das investigacións en marcha, pero non se prevén cambios no Goberno nin dimisións
O Goberno navarro adxudicou a construción de 46 vivendas á empresa que a UCO relaciona con Cerdán

Agriden un garda civil tras unha fuxida nun coche roubado por Pontevedra
20/06/2025 12:20
O condutor do coche, segundo informou a Garda Civil, logrou escapar do control policial e aínda non foi localizado

Un 98 por cento dos abonados do Celta renovan o seu abono
20/06/2025 12:18
A maioría deles, un 97 por cento, fíxoo adquirindo o suplemento da competición europea

A UCO accede á sede do PSOE por orde xudicial para clonar o correo de Cerdán
20/06/2025 12:17
Axentes da Garda Civil tamén acudiron ao Ministerio de Transportes para clonar o correo de Ábalos, á sede do Adif e á Dirección Xeral de Estradas
O xuíz instrutor do caso Koldo acorda imputar o exsecretario de Organización do PSOE, a quen cita para o próximo 30 de xuño, e autoriza a UCO a investigar o seu patrimonio
Tamén lle pide á Audiencia Nacional investigar a Pardo de Vera por adxudicacións irregulares
Sánchez reúnese con Illa na Moncloa en plena crise do caso Cerdán

Alvise enmarca na "crítica política" as súas mensaxes contra a fiscal Susana Gisbert
20/06/2025 11:57
Alvise compareceu uns 25 minutos ante o maxistrado do Tribunal Supremo Juan Ramón Berdugo, que o citou para que declarase voluntariamente na causa aberta ante o Supremo por un presunto delito de acoso, tamén coñecido como 'stalking', contra a fiscal
É a segunda vez que Alvise comparece no Supremo, onde ten outras dúas causas abertas: unha por presuntos delitos de falsidade e inxurias por difundir unha PCR falsa do exministro Salvador Illa en 2021; e outra pola presunta entrega de 100.000 euros por parte dun empresario para a súa formación política nas pasadas eleccións europeas

O home que apuñalou a súa exparella en Vigo tiña antecedentes por homicidio
20/06/2025 11:57
Matou dúas persoas en 1986 e en 2002 e atacou cun coitelo o policía que o detivo o pasado domingo
Permanece en prisión preventiva desde o martes

Evacuados uns 200 españois que se encontraban en Israel
20/06/2025 11:42
O Goberno repatria outros corenta que estaban en Irán cando estoupou o conflito
Portugal anuncia a chegada dun voo de repatriación desde Israel con dous españois a bordo

Riazor, a última baza do Liceo ante un Barça a un paso do título
20/06/2025 11:41
Martí Serra: "Temos que cambiar catro cousas e aproveitar o factor cancha"

O Goberno espera que outros países apoien non aumentar o gasto en defensa ata o 5 %
20/06/2025 11:33
A vicepresidenta primeira do Goberno, María Jesús Montero, di que é un obxectivo que "non responde a ningún parámetro", e apostou por destinar eses recursos ao "benestar social"

As vagas de calor chegan antes e son máis longas
20/06/2025 11:17
Meteoclimática sitúa o mes de xuño de 2025 como un dos máis cálidos desde 1961, xunto cos de 2017 e 2022
A vaga de calor máis longa de xuño rexistrouse no ano 2017, durou 9 días e afectou 30 provincias
Segundo Climate Central as altas temperaturas desta semana na península son "5 veces máis probables debido ao cambio climático"

Irán rexeita seguir negociando cos Estados Unidos sobre o seu programa nuclear
20/06/2025 10:57
Teherán mantén as conversas que en paralelo mantén co chamado E3 (Alemaña, Francia e o Reino Unido)

A transparencia, a proximidade e a atención as vítimas, as prioridades do novo presidente do TSXG
20/06/2025 10:54
O ata agora presidente da Audiencia Provincial da Coruña asumirá a presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Sesenta alumnos dun colexio da Cañiza sofren unha intoxicación alimentaria
20/06/2025 10:05
A metade dos estudantes foron tratados no centro de saúde da localidade e o resto, trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

20/06/2025 10:03
Segundo apuntaron fontes da Comandancia, "pode supoñer o seu ingreso nun centro penal"

Detido un sacerdote en Sarria acusado de agredir sexualmente unha menor
20/06/2025 09:24
A Diocese de Lugo condena o sucedido e lamenta o sufrimento e o dano que esta situación está a provocar á vítima e á súa familia
Á espera de que se esclarezan os feitos, o relixioso foi apartado das súas funcións de maneira cautelar
Como medidas cautelares, a xuíza impúxolle a prohibición de aproximarse e de comunicarse coa denunciante

Renfe lanza este luns os novos abonos de Media Distancia con descontos de ata o 50 %
20/06/2025 09:22
Os Avant manteñen a rebaixa do 50 % e créase o abono de mensual de 20 euros na rede de proximidade
Deixan de ser gratuítos os abonos de proximidades e Media Distancia
En Asturias e Cantabria mantense a gratuidade dos abonos de proximidade polos atrasos na actualización da rede ferroviaria

Arde un coche no interior dun garaxe no barrio compostelán de Fontiñas
20/06/2025 08:43
O motor do vehículo comezou a arder por causas que a estas horas se descoñecen e o fume afectou ao que estaba ao seu carón

Portugal anuncia a chegada dun voo de repatriación desde Israel con dous españois a bordo
20/06/2025 08:36
Preguntado por se Portugal fretaría máis avións para repatriar portugueses en Israel, Sousa alegou que é imposible responder a iso
.png)
Normas que chegan tarde, por Venancio Salcines
20/06/2025 08:02

Mala visibilidade polas brétemas no litoral norte
20/06/2025 08:00

Evacuados máis de 40 españois que se atopaban en Teherán
19/06/2025 22:35
O ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, confía en que os evacuados pronto estean a voar rumbo a España
Activa operativos nos dous países para protexer e evacuar máis de 10.000 cidadáns

Aviso amarelo por temperaturas máximas e trebóns
19/06/2025 22:22

19/06/2025 21:50
Tras as reunións de Sánchez cos grupos, Moncloa considera que aínda contan con maioría no Congreso
Malia todo, admiten que o futuro do Goberno está en risco e depende da aparición de novos audios ou conversacións que comprometan a membros do Executivo

A Casa Branca insiste en que todos os países da OTAN deben destinar o 5 % do PIB a defensa
19/06/2025 21:39
España rexeita comprometerse e Sánchez cualifica a proposta de "irracional e contraproducente"
Sánchez dille á OTAN que non subirá máis o gasto en defensa: non ve razoable o 5 %

Ollada á medicina de comezos de século da man de médicos e boticarios do rural
19/06/2025 21:34
Un médico xubilado de Maceda promove na súa localidade un museo que amosa as difíciles circunstancias en que traballaban os médicos do rural galego a finais do século XIX e comezos do XX
A botica de Doade, no concello de Beariz, unha das máis antigas de Galicia, reabriu como museo para mergullarse no labor dos farmacéuticos desa época

Como previr o padecemento das mascotas fronte á calor excesiva
19/06/2025 21:26
Golpes de calor, picaduras, alerxias e intoxicacións pódense minimizar con prevención

Cinco días de música, mercado e actividades nas festas do Corpus de Ourense
19/06/2025 21:19
O mercado medieval estrea nova localización, deixa a zona vella do centro e trasládase á contorna da Ponte Romana e o parque dos Remedios
Luis Zahera deu o pregón das festas, que se alongan ata o domingo

Mala visibilidade por mor das brétemas
19/06/2025 21:00

Éxito do pacto antimóbiles do instituto vigués do Castro
19/06/2025 20:53
Os mozos relaciónanse máis e descenderon os conflitos

Os taxistas da Coruña denuncian competencia desleal por parte das plataformas de VTC
19/06/2025 20:49
Os vehículos con condutor de Uber volven circular polas rúas da Coruña

Unha canle de Telegram publica os datos persoais e teléfonos de sete ministros
19/06/2025 20:49
A Policía abriu dilixencias na Audiencia Nacional, dada a gravidade da información exposta que afecta, entre outros, a actual vicepresidenta primeira do Goberno, María Jesús Montero