Cargando resultados...
Cristian Silva: "É un disco no que acepto que estou nas augas fondas e asumo que é o meu lugar"
'Un home tranquilo', unha historia completa onde a gaita é a gran protagonista, onde a tradición dialoga sen prexuízos coa modernidade
Neste traballo, as frautas e zanfonas eléctricas fusiónanse con guitarras, sintetizadores e seccións rítmicas que bailan entre funk, indie e jazz
O disco publicouse en formato CD e e nun vinilo de edición limitada. O 27 de xuño estará tamén nas plataformas dixitais
G24.gal reivindico a rebelcía da ovelha negra
20/06/2025 13:45
Última actualización 20/06/2025 16:39
Non todo o que se afunde está perdido. Hai cousas que só se atopan no fondo. Xusto desde aí vén 'Un home tranquilo', o último disco do músico Cristian Silva. Di el que esta é unha viaxe sonora chea de contención, reflexión e madurez.