Diego Giráldez: "Gústame tirar da realidade e estirala ata convertela en literatura, igual que facía Pilar Fonte"
Diego Giráldez: "Gústame tirar da realidade e estirala ata convertela en literatura, igual que facía Pilar Fonte"
Diego Giráldez gañou o XLIII Premio de Novela Blanco Amor con 'As obras póstumas'
A novela está protagonizada por unha escritora que recibe a diagnose de demencia regresiva
A loucura, os coidados e a dependencia son algúns dos piares temáticos de 'As obras póstumas'
Pilar Fonte é unha escritora e xornalista que vive fronte a un centro psiquiátrico. Como unha voayer leva toda a vida seguindo a vida dos que viven dentro. E mesmo escribindo un inacabado libro de relatos sobre eles, cando recibe a noticia de que padece unha demencia regresiva e decide escribir a súa obra póstuma. As obras póstumas é a novela de Diego Giráldez que lle valeu o premio Blanco Amor de novela.