Cargando resultados...
Javier Barón: " Sotomayor busca no campo os modelos das súas pinturas para darlle verosimilitude"
Unha gran retrospectiva na Fundación Barrié celebra o 150 aniversario do seu nacemento do pintor ferrolán
Fernando Álvarez de Sotomayor descubriu outras escolas pictóricas europeas grazas a unha bolsa para estudar en Roma
Foi o director do Museo do Prado máis lonxevo, trinta anos coa paréntese da Segunda República
G24.gal
02/11/2025 11:30
Última actualización 30/10/2025 16:23
O pintor Fernando Álvarez de Sotomayor chegou a ter un grande éxito en vida e agora a Fundación Barrié recompila máis de setenta obras de quen dirixiu o Museo do Prado durante máis tempo, trinta anos coa paréntese da Segunda República. Destacou polos seus cadros costumistas de temas galegos e os retratos, tanto da nobreza e gran burguesía como da súa familia.