Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez reúnese con Illa na Moncloa en plena crise do caso Cerdán

Sánchez reúnese con Illa na Moncloa en plena crise do caso Cerdán

Moncloa enmarca este encontro na ronda de contactos do presidente co gallo das investigacións en marcha, pero non se prevén cambios no Goberno nin dimisións

O Goberno navarro adxudicou a construción de 46 vivendas á empresa que a UCO relaciona con Cerdán

Sánchez recibe o presidente da Generalitat na Moncloa (EFE/ JJ Guillén)
G24.gal 20/06/2025 12:47 Última actualización 20/06/2025 14:20

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, reúnese este venres na Moncloa co presidente da Generalitat de Cataluña e líder do PSC, Salvador Illa, en plena crise aberta polas sinalizacións de corrupción contra Santos Cerdán.

A cita celebrouse por sorpresa nunha xornada en que o presidente Sánchez non ten ningún acto oficial programado, e despois de que Illa cancelase a súa participación na clausura do Congreso de Economía e Empresa de Cataluña. A asistencia de Salvador Illa a este acto organizado polo Colexio de Economistas en Barcelona estaba confirmada ata este xoves pola tarde, cando desapareceu da axenda do presidente catalán.

Fontes da Moncloa consultadas pola CRTVG enmarcan este encontro na ronda de contactos do presidente co gallo das investigacións en marcha, pero non se prevén cambios no Goberno nin dimisións Iso si, o ambiente que a rodea é de máxima incerteza e tensión política polo impacto do caso Koldo, que estalou tras a difusión do informe da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil sobre a suposta trama corrupta e que precipitou a dimisión de Santos Cerdán como secretario de Organización do PSOE.

De feito, coincide coa irrupción de axentes da UCO na sede socialista da madrileña rúa de Ferraz para clonar o correo electrónico corporativo de Cerdán, así como no Ministerio de Transportes, a sede de ADIF e a Dirección Xeral de Estradas para solicitar información requirida polo xuíz do Tribunal Supremo Leopoldo Puente.

Desde que Cerdán dimitiu a semana pasada de todos os seus cargos, incluída a renuncia ao seu escano, Illa pechou filas con Sánchez e enxalzou a súa obra de goberno, pese ao "comportamento innoble" dos cargos socialistas salpicados por casos de corrupción.

Este mércores, na sesión de control ao presidente catalán no pleno do Parlament, rebateu a quen insinúa a súa posible implicación no caso Koldo: "Estou completamente tranquilo, limpo e disposto a dar a cara cando se me pida". "Non teño nada que esconder, non teño nada do que esconderme. Actuei sempre con corrección e limpeza", subliñou Illa en resposta ao presidente do PP de Cataluña, Alejandro Fernández, que fixo alusión á aparición do nome do president no informe da UCO.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade