O téxtil galego crece e internacionalízase con empresas como Paz Rodríguez
Vende en 30 países e a súa intención é seguir conquistando novos mercados como Asia
A industria téxtil galega crece e xa representa máis do 13 % do PIB da comunidade
Desde que o fío entre nas máquinas tecedoras ata o final co empaquetado da peza, todo o proceso de confección se realiza na fábrica de Paz Rodríguez en Vigo.
Recoñecen que é unha das claves do seu éxito, xunto cun equipo que tamén forma parte da tradición da empresa.
O ano pasado superou os sete millóns de euros de facturación, vende en 30 países e a súa intención é seguir conquistando novos mercados.
Tamén seguirá crecendo en Galicia, onde en poucos días abrirá a súa primeira tenda física en Vigo. Entre os seus retos está promover a formación para non perder as vocacións e compensar así a falta de man de obra actual.