Publicador de contidos

Publicador de contidos

O téxtil galego debate os seus desafíos en The Future of Fashion Talent

O téxtil galego debate os seus desafíos en The Future of Fashion Talent

O encontro acada a súa 3ª edición no Campus Industrial de Ferrol, e reúne as maiores empresas do sector en Galicia 

G24.gal 07/05/2025 14:07

Con máis de 30.000 postos de traballo, o téxtil representa o 4 % do PIB galego e foi declarado este ano como un dos nosos sectores estratéxicos. A Universidade da Coruña reúne este mércores os seus principais baluartes no Campus Industrial de Ferrol. É unha reunión na que o sector reflexiona sobre os desafíos do futuro, remarcando a importancia de coidar a formación e o talento. 

Non falta aquí representación das maiores empresas que fan que de Galicia saia o 50 por cento do negocio exportador de moda de toda España. 

Da man do xornal líder en información do sector, reflexionan sobre os desafíos do futuro. E coinciden en que son a sustentablidade e o benestar das persoas.

"E desde a UDC apostamos moi claramente pola formación, no novo mestrado de Tecnoloxías e Sustentabilidade no Sector Téxtil e no grao -que xa ten unha pequena traxectoria- en Xestión Industrial da Moda", declarou Ricardo Cao, o reitor da Universidade da Coruña

José Antonio Chacón, CEO de El Pulpo, engadiu que se as empresas galegas lideran o sector desde os anos 80 e teñen "capacidade de desenvolvemento, de responsabilidade e de contar con talento, é grazas a campus coma este, que fan que realmente contemos cun viveiro que é esencial para o noso futuro".

Nos relatorios da xornada, falouse sobre todo da importancia de coidar o talento. Entre algúns dos relatores, houbo antigos alumnos que hoxe se responsabilizan de áreas en empresas de primeiro nivel. Falaron de coidar o benestar laboral, de crear un clima de confianza ou de escoitar a visión dos membros do equipo. Unha xornada, centrada na moda, que é negocio, pero tamén emoción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade