Publicador de contidos

Publicador de contidos

Normas que chegan tarde, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Normas que chegan tarde, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 20/06/2025 08:02

O mercado eléctrico distingue entre dous tipos de enerxía: síncrona (térmica e hidráulica) e asíncrona (solar e eólica). A primeira entra de modo harmónico no sistema e sae do mesmo modo, de tal xeito que a responsabilidade do sistema recaia sobre elas. As renovables entraban de modo caótico, totalmente vencelladas ás condicións climáticas, diferentes dun espazo a outro, e saían de modo harmónico. Cando? Ante subidas de tensión, desconectaban, evitando calquera responsabilidade.

Isto está a mudar coas últimas decisións da CNMC, que activa unha lexislación que, dende 2019, vivía nun mundo dos arquivos. Agora, decide darlles ás renovables as mesmas responsabilidades que ten a enerxía síncrona. É dicir terán que aportar estabilidade ao sistema e para iso crearase un sistema de remuneración que incentive o seu novo papel. Unha mágoa que unha norma que ata agora vivía durmida nos despachos da CNMC tivera que acadar vida polo apagamento sufrido. Nada descartable que se a CNMC fixese o seu traballo en tempo e forma quizais o apagamento non se produciría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade