Nova convocatoria de folga no profesorado do ensino público para o 28 de abril
A folga xorde "do acordo de acción conxunta de vontade unitaria" entre as Asembleas Abertas e os sindicatos CIG-Ensino e STEG "ante a inacción da Consellería de Educación", informan nun comunicado
Alertan, ademais, de que "haberá máis mobilizacións e novas xornadas de folga máis longas se a Consellería non senta para negociar"
CIG-Ensino, STEG e as Asembleas Abertas do Ensino Público convocarán unha nova xornada de folga entre os docentes do ensino público non universitaria galega para o martes 28 de abril.
A folga xorde "do acordo de acción conxunta de vontade unitaria" entre as Asembleas Abertas e os sindicatos CIG-Ensino e STEG "ante a inacción da Consellería de Educación", informan nun comunicado.
Alertan, ademais, de que "haberá máis mobilizacións e novas xornadas de folga máis longas se a Consellería non senta a negociar". Os convocadores engaden que para comezos do mes de maio prevén "unha xornada de loita descentralizada" xunto a colectivos de toda a comunidade educativa. CIG-Ensino, STEG e as Asembleas Abertas do Ensino Público aglutinan a maioría do corpo docente galego de todas as etapas educativas.