O metal da Coruña volve á folga
Os sindicatos denuncian a falta de avances a negociación e consideran insuficiente a proposta slarial presentada polas empresas
Protesta de traballadores do sector do metal na provincia da Coruña (Remitida/Handout por CIG)
Os traballadores do sector do metal da provincia da Coruña secundaron este luns unha nova xornada de folga para reclamar un convenio colectivo "digno" e denunciar a falta de avances nas negociacións coa patronal.
Convocados por CIG, UGT e CCOO, centro de empregados concentráronse nos Cantóns da Coruña, coincidindo coa celebración dun forc económico ao que asistiron diversas autoridades, entre eles o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.
Durante a protesta, os manifestantes lanzaron consignas en defensa das súas reivindicacións laborais e acusaron a patronal de amenter "secuestrado" o convenio colectivo do secor.
Os represetantes sindicais aseguran que as reunións celebradas nos últimos días non permitiron avanzar cara a un acordo. Critican especialmente a proposta salarias trasladada polas empresas, que consideran insuficiente para responder ás demandas dos traballadores nos próximos anos.
Ademas as melloras retributivas, os sindicatos reclaman medidas para combater a precariedade laboral e lamentan que non existía un calendario de negociación que permitía desbloquear a situación.
O conflito afecta a arredor de 18.000 traballadores do sector do metal na provincia da Coruña e contiuará esta semana con novas mobilizacións.