Cargando resultados...
Arde un coche no interior dun garaxe no barrio compostelán de Fontiñas
O motor do vehículo comezou a arder por causas que a estas horas se descoñecen e o fume afectou ao que estaba ao seu carón

G24.gal
20/06/2025 08:43
E arde outro coche, desta volta no interior dun garaxe.
Sucedeu na Rúa Atenas do barrio compostelán de Fontiñas. Foi unha veciña a que alertou o 112 pouco antes da unha da madrugada deste venres porque vía saír fume e cheiraba a goma.
O motor do vehículo comezou a arder por causas que a estas horas se descoñecen e o fume afectou ao que estaba ao seu carón. As lapas sufocáronas os Bombeiros de Santiago, que tiveron que ventilar o garaxe dada a cantidade de fume que había no interior.