Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un 98 por cento dos abonados do Celta renovan o seu abono

Un 98 por cento dos abonados do Celta renovan o seu abono

A maioría deles, un 97 por cento, fíxoo adquirindo o suplemento da competición europea

G24.gal 20/06/2025 12:18 Última actualización 20/06/2025 12:28

Un 98 por cento dos abonados do Celta renovou o seu abono para a tempada 2025-26, na que o equipo celeste volverá competir na liga Europea oito anos despois. Ademais, a maioría deles -un 97 por cento- fíxoo adquirindo o suplemento da competición europea, o que, a xuízo da entidade presidida por Marian Mouriño, demostra “a grande ilusión” que esperta a próxima campaña entre os afeccionados.

“Vese que a xente ten ilusión e ganas desta tempada, que supoñerá a volta a Europa”, declarou David González, responsable da área Celtista.

A esta cifra engádese o crecente número de seguidores que xa contan co Carné Celtista. Tras sumar máis de 1.000 novos membros nestas últimas semanas, o Celta informou de que xa superou a cifra de 35.000 celtistas

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade