Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacuados máis de 40 españois que se atopaban en Teherán

Evacuados máis de 40 españois que se atopaban en Teherán

O ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, confía en que os evacuados pronto estean a voar rumbo a España

Activa operativos nos dous países para protexer e evacuar máis de 10.000 cidadáns

O ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares (Borja Sánchez/ EFE) O ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares (Borja Sánchez/ EFE)
G24.gal 19/06/2025 22:35

Máis de 40 españois que se atopaban en Teherán (Irán) foron evacuados e xa cruzaron a fronteira con Armenia, informou o ministro español de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares.

Albares engadiu que confía en que "nunhas poucas horas" estes españois residentes ou transeúntes en Irán, así como "algúns cidadáns doutra nacionalidade" que están con eles, estean a voar rumbo a España para reencontrase coas súas familias.

Este grupo de cidadáns evacuados, indicou o ministro, integráronse por iniciativa propia no convoi disposto por Exteriores.

A embaixada española en Teherán segue "plenamente operativa", agregou o titular de Exteriores, que instou os españois que aínda se atopen no país para contactar coas autoridades diplomáticas en Irán, se aínda non o fixeron, e a seguir as indicacións de seguridade que difunden nas redes sociais.

"Agradezo o magnífico traballo da Embaixada de España en Irán e a unidade de emerxencia consular do Ministerio de Asuntos Exteriores para protexer os nosos cidadáns", agregou Albares na súa conta oficial da rede social X.

Por mor do conflito entre Israel e Irán, Exteriores activou dous operativos para protexer aos máis de 10.000 españois que se atopan en Israel, nun caso, e aos máis de 250 que permanecían en Irán, dos que agora abandonaron o país máis de 40.

Desde que Israel atacou obxectivos militares e o programa nuclear iraniano, ambos os países protagonizaron unha escalada de violencia que deixou centos de mortos.

Albares participou  nun gabinete de crise, en contacto cos embaixadores españois en Israel e Irán. Israel lanzou na madrugada do venres a primeira onda de mísiles a Irán, á que o país islámico respondeu, nunha escalada que puxo en alerta a toda a comunidade internacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade