Publicador de contidos

Publicador de contidos

Interceptado ao volante en Arteixo tras perder todos os puntos do carné e cuadriplicando a taxa de alcoholemia

Interceptado ao volante en Arteixo tras perder todos os puntos do carné e cuadriplicando a taxa de alcoholemia

Segundo apuntaron fontes da Comandancia, "pode supoñer o seu ingreso nun centro penal"

Arquivo Arquivo
G24.gal 20/06/2025 10:03

A Garda Civil investiga un condutor de 38 anos como presunto autor de dous delitos contra a seguridade viaria. Foi interceptado no municipio coruñés de Arteixo circulando sen carné (tras perder todos os puntos) e cuadriplicando a taxa máxima de alcoholemia permitida.

O condutor foi detectado por axentes do Subsector de Tráfico da Coruña, que estaban a realizar un control con especial atención á vixilancia de usuarios de risco. Os axentes déronlle o alto tras confirmar que non tiña o permiso de conducir en vigor pola perda total de puntos.

Cando detivo o turismo, os gardas decatáronse de que o condutor tiña signos evidentes de estar baixo os efectos do alcol, polo que lle realizaron as probas pertinentes, que lanzaron resultado positivo catro veces por encima do máximo permitido, que é de 0,25 mg/l en aire expirado. Precisamente, a perda de puntos no seu carné produciuse por alcoholemias positivas anteriores.

Polo ocorrido a Garda Civil investiga a este home como autor de dous delitos contra a seguridade viaria, a condución baixo os efectos do alcol, e a condución sen o carné en vigor.

Segundo apuntaron fontes da Comandancia, "o desprezo deste condutor ás normas viarias, pode implicar o seu ingreso nun centro penal, ao carrexar este tipo de delito penas de prisión de tres a seis meses ou multa de doce a vinte e catro meses, ou traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, coa agravante de reincidencia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade