Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha canle de Telegram publica os datos persoais e teléfonos de sete ministros

Unha canle de Telegram publica os datos persoais e teléfonos de sete ministros

A Policía abriu dilixencias na Audiencia Nacional dada a gravidade da información exposta que afecta, entre outros, á actual vicepresidenta primeira do Goberno, María Jesús Montero

A Policía Nacional investiga xa a filtración e publicación deses datos A Policía Nacional investiga xa a filtración e publicación deses datos
G24.gal 19/06/2025 20:49

Unha canle de Telegram con máis de 92.000 seguidores publicou os domicilios, teléfonos, números de DNI e direccións de correo electrónico de sete ministros socialistas e de varios exdirixentes do PP.

A Policía Nacional investiga xa a filtración e publicación deses datos, que afectan á vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, e aos ministros do Interior, Fernando Grande-Marlaska; Transportes, Óscar Puente; Agricultura, Luis Planas; Ciencia, Innovación e Universidades, Diana Morant; Igualdade, Ana Redondo; e Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz.

No mesmo listado, publicáronse datos de exdirixentes do PP como Elvira Rodríguez, María Dolores de Cospedal, Rafael Catalá, Isabel García Tejerina e Ana Pastor.

As mensaxes con eses datos foron publicados por un usuario que se identifica na canle con pseudónimo e se republicaron por outro usuario unha hora despois.

O grupo de Telegram onde apareceron estas mensaxes é utilizado polos seus usuarios para difundir publicacións relacionadas coa actividade política de Alvise Pérez, así como para atacar ao Goberno ou divulgar mensaxes xenófobas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade