Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marlaska defende a contundencia e a eficacia da resposta do Estado aos incendios

Marlaska defende a contundencia e a eficacia da resposta do Estado aos incendios

O Partido Popular responde que o sistema fallou

G24.gal 04/09/2025 14:32

O ministro do Interior, Fernando Grande-Markasla, asegura no Congreso que a resposta do Goberno foi contundente e eficaz. O Partido Popular respóndelle a Marlaska que o Goberno fallou.

"As cifras evidencian a excepcionalidade do episodio de incendios do mes de agosto. E tamén a contundencia e a eficacia da resposta artellada polo Estado", asegurou Marlaska. "Un político responsable ten que saber onde ten que estar e vostede e Sánchez non estaban onde tiñan que estar. Estaban na praia. A súa xestión dos incendios foi un fracaso político e operativo. E vostede vén hoxe aquí con aires de suficiencia dicindo que todo funciona perfectamente cando a realidade é que o sistema fallou", respondeu a deputada popular, Ana Belén Vázquez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade