Cargando resultados...
O socialista Germán García-Ávila, novo alcalde de Viana do Bolo
A moción de censura pactada entre o PSdeG e o BNG para desbancar o popular Andrés Montesinos da alcaldía
García-Ávila será alcalde ata 2026 e logo substituirao un representante do BNG
G24.gal
05/09/2025 14:09
O socialista Germán García-Ávila tomou este mediodía posesión como novo alcalde de Viana do Bolo, tras a moción de censura pactada entre o PSdeG e o BNG para desbancar o popular Andrés Montesinos da alcaldía.
Socialistas e nacionalistas suman seis concelleiros, fronte aos cinco dos populares. García-Ávila será alcalde ata 2026 e logo substituirao un representante do BNG.