Publicador de contidos

Publicador de contidos

A transparencia, a proximidade e a atención as vítimas, as prioridades do novo presidente do TSXG

A transparencia, a proximidade e a atención as vítimas, as prioridades do novo presidente do TSXG

O ata agora presidente da Audiencia Provincial da Coruña asumirá a presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

 

G24.gal 20/06/2025 10:54

O novo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Ignacio Picatoste, situou este venres como prioridades do seu mandato a transparencia na xestión, a proximidade aos cidadáns e a atención ás vítimas.

Picatoste atendeu os medios de comunicación tras coñecer o seu nomeamento por parte do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPX) e antes da súa toma de posesión.

Na súa comparecencia dixo que unha das súas prioridades será a "transparencia na xestión" para que "se saiba que facemos e por que o facemos", continuou.

Tamén citou a "proximidade co cidadán", de maneira que buscará "lograr que os cidadáns sintan o poder xudicial como algo propio" que é "a garantía dos seus dereitos e liberdades".

A terceira cuestión é a "atención ás vítimas", coa mente posta nas de "violencia de xénero, menores e vítimas especialmente vulnerables".

Ao preguntarlle pola súa opinión acerca da proposta de substituír xulgados de instrución por xulgados de violencia de xénero, sostivo que "non é necesario facer un cambio da denominación dos órganos".

Defende que o ideal é ter estes xulgados especializados no "ámbito comarcal e en toda Galicia".

Respecto ao protocolo, veo "perfeccionable", aínda que é a ferramenta da que dispoñen os xuíces na actualidade e funciona.

En canto á folga de xuíces e fiscais para os tres primeiros días de xullo, dixo que se trata "dun dereito", e asegurou que aínda non sabe se a secundará, aínda que é algo que enmarcou no ámbito estritamente persoal.

Ignacio Alfredo Picatoste Sueiras, actual presidente da Audiencia Provincial da Coruña, presentouse ao posto de presidente do TSXG tras o anuncio de José María Gómez y Díaz-Castroverde, que decidiu non optar á reelección.

Os outros candidatos eran Fernando Alañón Olmedo, maxistrado da Sala Civil e Penal do TSXG e expresidente da Audiencia de Ourense, e Antonio Fraga Mandián, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 8 da Coruña, que foi decano dos xulgados coruñeses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade