Novas

Un ciberataque paraliza as poxas de gando en Silleda
24/06/2025 16:56
Ricardo Durán , director da Semana Verde, di que non é o primeiro ataque que reciben, pero si "máis sofisticado" do habitual
Descartan que estea vinculado coa polémica das compravendas de gando a través da plataforma informática
Agardan que se retome a actividade o próximo martes

Trump di que "España ameaza con descarrilar o cumio da OTAN"
24/06/2025 16:43
O presidente dos EUA compartiu unha infografía en redes sociais con críticas directas ao Goberno de Sánchez
Trump asegura que Rutte lle confirmou o compromiso dos aliados co obxectivo do 5 %
Rutte felicita a Trump: "Europa vai pagar, e dunha forma GRANDE, como debe ser, e será a túa vitoria”

Ambiente treboento en zonas do interior
24/06/2025 16:11

A Xunta anuncia axudas por 36 millóns de euros para a remuda xeracional no rural
24/06/2025 15:57
A conselleira destacou as medidas como o Bono Activa Rural e as iniciativas de formación
Os grupos da oposición reprocharon que o ano pasado un 70 % das solicitudes quedaran fóra das axudas
O PSOE acusou a Xunta de facer que permanecer no rural resulte un "acto heroico"

A nova lei de consumo sustentable prohibirá a publicidade de combustibles fósiles
24/06/2025 15:42
O borrador equipara estes anuncios aos do tabaco para combater o ecopostureo
Incluirá medidas para acabar coa obsolescencia programada, como a ampliación dos períodos de garantía e o reforzo do dereito a reparar os electrodomésticos fronte á obrigatoriedade de substituílos por novos

Yago Iglesias: "No Lugo hai un proxecto deportivo ambicioso"
24/06/2025 15:36
O novo adestrador do Lugo espera poder contar cun bo cadro de xogadores e afirmou que xa traballa en fichaxes co director deportivo, Javi Recio

Polo menos 15 mortos e máis de 174 feridos nun ataque ruso na cidade ucraína de Dnipró
24/06/2025 15:33
Ademais dos danos persoais rexistráronse danos en edificios civís, nun hospital, en escolas e nun tren de pasaxeiros
Serguí Lisak, gobernador da rexión, advertiu de que o balance de feridos podería aumentar

Extinguido un incendio na antiga central térmica de Endesa nas Pontes
24/06/2025 15:06
Varios veciños alertaron o 112 Emerxencias de Galicia antes das 10 da mañá ao ver fume
Operarios da empresa de demolición que traballan na antiga central conseguiron erradicar o lume orixinado nun dos peches da caldeira

O Multisport transforma Pontevedra nunha urbe máis multicultural
24/06/2025 14:56
Agardan máis de dez mil persoas na Boa Vila esta semana por este evento deportivo
A cidade preparou un bo feixe de actividades para completar a oferta

A Xunta pídelle ao Concello de Vigo que desbloquee a construción da residencia da Fundación Ortega
24/06/2025 14:55
O centro vaise levantar en terreos da antiga Escola de Telecomunicacións da Armada en Teis
Xa están en marcha as obras de urbanización pero falta por asinar un convenio co Concello e coa Zona Franca

Milleiros de fieis achéganse ata a Romaría do Corpiño no seu día grande
24/06/2025 14:46
Moita devoción entre os milleiros de asistentes á Romaría do Corpiño
Son moitos os que lle veñen pedir á Virxe pola súa saúde
Coñécese historicamente polos casos de posesións e exorcismos que, presuntamente, se realizaban na capela

Nova pelexa ás portas dun 'after' conflitivo de Lugo
24/06/2025 14:45
Un home tivo que ser trasladado ao hospital logo de recibir unha malleira e quedar malferido tirado no chan
Os veciños levan tempo denunciando a situación e piden que se faga un maior control das licenzas coas que contan estes locais e que non se axustan á actividade que desenvolven

Cerdán pide ao Supremo que a súa declaración do luns sexa retrasmitida en directo
24/06/2025 14:37
Salellas cre que é a mellor medida para protexer os dereitos fundamentais de Cerdán
Defende que o tema ten un interese público tal que debe retransmitirse para todos

Medidas tras o apagamento: o Goberno reforza a supervisión a operadores eléctricos
24/06/2025 14:37
Segundo a vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Sara Aagesen, o obxectivo é conseguir un sistema "máis robusto e solvente"
O Consello de Ministros aproba tamén axudas á demanda industrial e aos consumidores

O 22 % dos españois pide créditos para unhas vacacións cada vez máis caras
24/06/2025 14:36
Os expertos piden cautela á hora de endebedarse con este tipo de préstamos
Malia a suba de prezos, só un 6 % dos españois vai renunciar a marchar de vacacións

Sofre queimaduras graves cando tentaba apagar un incendio grande en Cuntis
24/06/2025 14:07
Un septuaxenario veciño de Furco meteuse entre dúas moreas de toradas de carballo incendiadas coa pretensión de parar o lume cunha mangueira de regar

Veciños dun edificio de Vigo teñen o ascensor avariado tres veces á semana
24/06/2025 13:59
Os veciños de Camelias 43 en Vigo están fartos de quedar atrapados no elevador ou ter que subir a pé

Sánchez falará sobre corrupción nun pleno monográfico o 9 de xullo
24/06/2025 13:34
O presidente realizará unha dobre sesión para abordar o tema da corrupción na mañá e asuntos internacionais pola tarde
Tamén haberá un pleno extraordinario o 22 de xullo para tratar outros temas

Jutglà asina co Celta por catro tempadas: "Fareino fantástico porque encaixo á perfección"
24/06/2025 13:27
Deixa o Bruxas despois de 148 partidos, nos que marcou 40 goles e deu 24 asistencias entre todas as competicións

Exaltos cargos do PSOE piden a Sánchez a súa renuncia e un congreso extraordinario
24/06/2025 13:22
Os asinantes da carta, á que tivo acceso EFE, expresan a súa "profunda preocupación ante a grave deterioración que están a causar os continuos escándalos que afectan á actual dirección do partido"
Consideran urxente cumprir co compromiso electoral de rexeneración democrática e que estiman que esixe unha profunda rexeneración do PSOE

24/06/2025 13:21
Os deputados Iván Castro, José María Arias e Marisol Morandeira deixaron o Goberno bipartito en minoría no pleno ordinario deste martes, o que provocou a perda de varias votacións, entre elas, unha sobre a residencia de maiores de Becerreá

Detido en Pontevedra un condutor ebrio por agredir un axente tras chocar contra catro coches
24/06/2025 12:23
Realizáronlle a proba de alcoholemia ao condutor, lanzando unha taxa de 0,77 miligramos de alcol por litro de aire aspirado, o que triplica a taxa legalmente permitida

Suso Garrido, adestrador do Ensino: "Primeiro a permanencia e logo mirar cara a arriba"
24/06/2025 12:02
Suso Garrido é o novo primeiro adestrador do Ensino despois de tres tempadas como segundo técnico conseguindo tres permanencias

Galicia, sexta comunidade con máis radares de España, segundo Coyote
24/06/2025 11:51
Nas estradas galegas atópanse 213 radares en total
Este ano España tivo o maior aumento dende o 2021, subindo máis do 15 %

Detido en Lugo tras ameazar cun coitelo varios menores
24/06/2025 11:45
O coitelo, de 22 centímetros, foi recuperado polos funcionarios, que se entrevistaron cos menores
Os mozos relatáronlles que foran ameazados polo sospeitoso e achegaron vídeos con gravacións do sucedido

Desartellan unha organización que explotaba mulleres en pisos da Coruña e doutras comunidades
24/06/2025 11:25
Deteñen cinco persoas en Bilbao e Xixón por trata de mulleres colombianas ás que ían rotando por diferentes lugares cada 15 días

Israel e Irán acúsanse mutuamente de violar a tregua anunciada por Trump
24/06/2025 10:58
O ministro israelí de Defensa ameazou con emprender fortes ataques "no corazón de Teherán"
Os gobernos de Israel e Irán confirmaron a tregua anunciada horas antes por Trump tras apurar unha nova xornada de fogo cruzado
O presidente dos EUA critica a Israel por seguir bombardeando Irán tras o acordo de cesamento do fogo

Deteñen un home por asalto violento a unha muller de 78 anos en Tordoia
24/06/2025 10:55
O agresor invadiu o domicilio e utilizou unha arma branca contra a muller
Un familiar e un veciño puideron axudar a anciá, mais o agresor xa fuxira

Prisión provisional para un home que acoitelou un garda civil en Ferrol
24/06/2025 10:13
A vítima mediou para frear unha pelexa nas festas de San Xoán de Filgueira e os agresores atacárono fóra do campo da festa
O axente, de 43 anos, está destinado fóra de Galicia e identificárase cando se meteu a frear a lea

O xuíz Peinado pide ao Supremo que investigue a Bolaños por malversación e falso testemuño
24/06/2025 10:12
O instrutor do caso de Begoña Gómez elevou unha exposición razoada pedindo a investigación do ministro pola contratación dunha asesora de Begoña Gómez
O Goberno di ter "máxima tranquilidade" ante o auto, e Feijóo denuncia que "chove sobre mollado"
Sánchez falará sobre corrupción nun pleno monográfico o 9 de xullo
Exaltos cargos do PSOE piden a Sánchez a súa renuncia e un congreso extraordinario

A policía detén un home por matar a puñaladas a súa muller en Xetafe
24/06/2025 09:47
Pouco antes das sete e cuarto da mañá deste martes, despois de seren avisados polos veciños, os axentes atoparon o home portando un coitelo en actitude agresiva e atoparon o corpo sen vida da vítima
O presunto agresor, que se estaba autolesionando, tivo que ser reducido cun táser antes de ser detido e trasladado ao hospital

O Goberno autoriza a opa do BBVA sobre o Sabadell, pero sen fusión en tres anos
24/06/2025 09:43
O Executivo podería ampliar ata cinco anos o veto á unión das dúas entidades
BBVA avalía as condicións impostas polo Goberno
O Sabadell defende o seu proxecto e insta o BBVA a detallar como retribuirá ao accionista

PP e PSOE rexeitan a proposta do BNG dun concerto económico para Galicia
24/06/2025 09:16
Populares e socialistas cren que un sistema de financiamento propio para Galicia sería prexudicial para as contas públicas, mentres que os nacionalistas ven un lastre o "modelo centralista" actual
A elección de Concepción Pombo para dirixir a CSAG queda para a terceira votación en pleno

Galicia arde en fogueiras na noite de San Xoán
24/06/2025 08:58
O lume máxico de centos de cacharelas resaltaron a beleza dos areais herculinos, invadidos por unha marea humana, e demostraron por que esta festa está declarada de Interese Turístico Internacional
Un ano máis constatouse que a de San Xoán é unha tradición que resiste o paso do tempo e que se mantén viva xeración tras xeración
O 112 Galicia xestionou máis de 450 incidencias, con varias persoas resultaron feridas por queimaduras

Néboa de mañá na Mariña e de tarde na Costa da Morte
24/06/2025 08:30

Trump di que Israel e Irán acordaron un cesamento do fogo total
24/06/2025 08:21
O mandatario detallou que oficialmente, Irán iniciará o cesamento do fogo e que doce horas despois o comezará Israel, de modo que nunhas 24 horas o mundo coñecerá o anuncio oficial da fin da guerra dos 12 días
O Goberno israelí, encabezado polo primeiro ministro Benjamin Netanyahu, asegurou este martes nun comunicado que acepta a proposta de Donald Trump dun cesamento do fogo bilateral con Irán
.png)
Quen apagou a luz? Ninguén, segundo todos, por María Bastida
24/06/2025 08:03

O Atlético despídese do Mundial de Clubs cun triunfo
23/06/2025 23:59
A vitoria ante o Botafogo (1-0) foi insuficiente, pois saíu prexudicado no triplo empate

Día de San Xoán con ambiente treboento
23/06/2025 22:12

Nun barrio de Lugo reparten polo San Xoán milleiros de racións de becerro asado
23/06/2025 21:07
Con preto de 20 metros de perímetro e cinco de altura, a da Piringalla é a maior das máis de 300 fogueiras organizadas na cidade