Cargando resultados...
O Atlético despídese do Mundial de Clubs cun triunfo
A vitoria ante o Botafogo (1-0) foi insuficiente, pois saíu prexudicado no triplo empate
G24.gal
23/06/2025 23:59
O Atlético de Madrid quedou eliminado do Mundial de Clubs a pesar de impoñerse por 1-0 ao Botafogo cun gol do francés Antoine Griezmann no minuto 87, un tanto que lle serviu para rematar cunha seca que duraba desde o mes de febreiro.
Precisaba o equipo de Simeone gañar por tres ou máis goles para lograr a fazaña de meterse na seguinte fase no caso de triunfo do Paris Saint Germain. O PSG non perdoou contra o Seattle Sounders, o cadro máis frouxo do grupo con moita diferenza, e pasa á seguinte rolda canda os brasileiros do Botafogo.