Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 22 % dos españois pide créditos para unhas vacacións cada vez máis caras

O 22 % dos españois pide créditos para unhas vacacións cada vez máis caras

Os expertos piden cautela á hora de endebedarse con este tipo de préstamos

Malia a suba de prezos, só un 6 % dos españois vai renunciar a marchar de vacacións

G24.gal 24/06/2025 14:36

Billetes de avión, aloxamento, ou comida. Pasar uns días de relax fóra da casa empeza a ser un luxo fóra do alcance de moitos petos.

"Se miras para marchar fora de Galicia está moi complicado, os hoteis, os voos..., todo carísimo"; "O tren, o avión, a estancia fora da casa..., está todo polas nubes".

Os prezos son altos e as ganas de desconexión, tamén. Pero estaría disposto a endebedarse para ir de vacacións?

"Se está no rango que podes pagar ao mes, é unha opción ideal"; "Pois eu non son partidario, non gastes o que non tes, aforra e vai despois tranquilo"; "Meterse en 'pufos' por ir de vacacións para min non sae rendible"; "É o único xeito para que poidan facelo algunhas persoas".

Segundo a financeira Oney, dous de cada dez españois piden algún tipo de préstamo para sufragar as viaxes do verán. Os expertos piden cautela, cómpre calcular ben os xuros, sobre todo os de demora, e comprobar que imos poder devolver os cartos sen agonías.

"Isto tradúcese nun consello tan básico coma o de non gastar o que non imos poder devolver facilmente, sobre todo neste caso no que falamos dun produto ou servizo que, probablemente, non sexa de primeira necesidade", explica Miguel López, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia.

E para os que prefiran quedar na casa antes de pedir prestado, tamén hai alternativas...

"Non fai falta ir a Bali e pagar 5.000 euros de viaxe para descansar"; "En Galicia hai moitas opcións perfectas, na costa e no interior"; "Podes ir cerca e menos días, dar un paseíño".

Con ou sen crédito, preto ou lonxe da casa, o caso é non renunciar ao pracer de romper coa rutina e gozar dun merecido descanso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade