Cargando resultados...
Un estudo di que os galegos gastaremos de media 1.130 euros nas vacacións
Subíu o prezo dos aloxamentos e tamén dos transportes
En España subiron os prezos dos hoteis e dos transportes
G24.gal
17/06/2025 20:22
Última actualización 17/06/2025 20:36
Un estudo da financeira Centelem apunta que cada galego gastará na súa viaxe de verán unha media de 1130 euros. As illas españolas e o Algarve están entre os destinos favoritos pero cada vez son máis os que apostan por Europa, rutas culturais, Tailandia, ou Nova Zelanda.
E tamén por viaxar fóra de tempada alta, porque en Galicia se está moi ben no verán e porque os prezos de xullo e agosto son insoportables para moitos petos.
En España subiron os prezos dos hoteis e dos transportes. Segundo o estudo de Centelem os galegos gastaremos un 23% menos que o ano pasado.