Cargando resultados...
As catro denominacións de orixe de queixos galegos xeraron 58 millóns de euros
Aumentaron a produción e as vendas, sobre todo nas variedades do Cebreiro e Arzúa Ulloa
G24.gal
17/06/2025 20:28
O ano pasado a produción de queixos acollidos a denominacións de orixe superaron as sete toneladas. Chama a atención a subida experimentada en Arzúa-Ulloa, do 19 por cento. Asegura o presidente do consello regulador desta variedade, José Luis Lamas, que "o Arzúa Ulloa era bastante descoñecido, non se lle daba a importancia e o mérito que tiña. Ultimamente cambiou toda a forma de facelo e a forma de traballar no sector".
Tamén na Denominación de Orixe O Cebreiro aumentou a produción nun nove por cento. En total, as catro variedades de queixo amparadas en Galicia xeraron no 2024 unhas vendas próximas aos 58 millóns de euros.