Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jutglà asina co Celta por catro tempadas: "Fareino fantástico porque encaixo á perfección"

Jutglà asina co Celta por catro tempadas: "Fareino fantástico porque encaixo á perfección"

Deixa o Bruxas despois de 148 partidos, nos que marcou 40 goles e deu 24 asistencias entre todas as competicións

Foto Celta
G24.gal 24/06/2025 13:27 Última actualización 24/06/2025 16:49

O Celta reforza a súa dianteira coa incorporación de Ferran Jutglà Blanch, que se converte na terceira fichaxe celeste da presente tempada tras o acordo alcanzado co Bruxas. O dianteiro catalán firma co conxunto vigués por catro tempadas, ata xuño de 2029.

Formado no UE Sant Andreu, a canteira do Español e a canteira do Barcelona, Jutglà deu o salto á elite na tempada 2021/22 ao debutar co primeiro equipo culé. Tras varias boas actuacións co Barça, o catalán asinou polo Bruxas, onde participou de forma decisiva nas dúas últimas edicións da Liga de Campións. Agora deixa o conxunto belga despois de 148 partidos, nos que marcou 40 goles e deu 24 asistencias entre todas as competicións.

Na praia de Samil, fixo as súas primeiras declaracións como xogadore celeste.

"Gañaron o billete a Europa. O proxecto é moi bo por apostar por canteira e traer xogadores que sumen"

"Creo que o farei fantástico porque encaixo á perfección"

Aos seus 26 anos, o novo xogador celeste preséntase como un dianteiro versátil, con gran mobilidade e olfacto, sempre atento aos espazos e cunha clara vocación ofensiva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar