Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cerdán pide ao Supremo que a súa declaración do luns sexa retrasmitida en directo

Cerdán pide ao Supremo que a súa declaración do luns sexa retrasmitida en directo

Salellas cre que é a mellor medida para protexer os dereitos fundamentais de Cerdán

Defende que o tema ten un interese público tal que debe retransmitirse para todos

Santos Cerdán, secretario de Organización do PSOE (Alejandro Martínez Vélez-Europa Press) Santos Cerdán, secretario de Organización do PSOE (Alejandro Martínez Vélez-Europa Press)
G24.gal 24/06/2025 14:37

A defensa do exsecretario de Organización do PSOE, Santos Cerdán, pediu ao xuíz, Leopoldo Puente, que a súa comparecencia do próximo luns no Tribunal Supremo sexa retransmitida en directo para que a sigan os medios. 

Nun escrito, o letrado Benet Salellas, pide ao xuíz que, debido á importancia que ten o caso e "a debida corrección do xuízo paralelo que sofre" se lle levante o carácter reservado á sesión.

Polo cal, tamén pediu que se dispoñan os medios técnicos necesarios para que os medios e o público sigan a comparecencia en directo sexa mediante unha canle de videostreaming ou pola TVE.

Salellas entende que restrinxir a actuación dos medios non serviría para protexer os dereitos fundamentais de Cerdán, polo que veu a solución en proporcionarlle acceso máximo á práctica das dilixencias de investigación a medios e público.

O letrado lembra que no caso investígase un posible caso de corrupción que afecta a un exministro e un exdeputado, polo que o interese público resulta indiscutible.

Aínda que entende "o carácter reservado das dilixencias da instrución penal", cree que débese considerar que o interese público no contido das dilixencias está a implicar a publicación en todos os medios e formatos das gravacións, transcricións e declaracións.

Cando iso sucede de forma paralela á autoridade xudicial, a transmisión é caótica, parcial e interesada, polo que a información non chega á sociedade de maneira transparente, senón coma un xuízo paralelo que xa comprometeu o dereito fundamental á presunción de inocencia e ao procedemento con todas as garantías.

Así mesmo, traslada ao xuíz a súa intención "de achegar toda a información á súa disposición relativa á situación patrimonial de Santos Cerdán para os efectos acreditativos pertinentes neste procedemento".

Salellas, para cotexar cos documentos que poidan ser achegados pola defensa, solicita que mediante o Punto Neutro Xudicial se acade toda a información dispoñible dos rexistros dos organismos públicos na súa máxima expresión de Cerdán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade