Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PPdeG pídelle ao BNG que lles retire o apoio aos socialistas na Deputación de Lugo

O PPdeG pídelle ao BNG que lles retire o apoio aos socialistas na Deputación de Lugo

Os pupulares tamén lles reclaman ao PSdeG que se depuren máis responsabilidades

A dimisión de José Tomé tras as acusacións de acoso sexual dá paso a unha crise na que as voces discordantes dentro do partido xa se están facendo escoitar

Tomé renuncia á militancia, a controlar o partido na provincia de Lugo e á presidencia da Deputación pero mantén a alcaldía de Monforte

G24.gal 13/12/2025 15:03

Unha semana complicada para os socialistas galegos, a dimisión de José Tomé tras as acusacións de acoso sexual dá paso a unha crise na que as voces discordantes dentro do partido xa se están facendo escoitar. Houbo xa unha dimisión, a da secretaria de Igualdade. Non está de acordo coa xestión levada a cabo pola executiva galega neste caso de suposto acoso. Besteiro agora asegura que coñecía o caso dende outubro pero que soubo da denuncia o martes pasado.

Varias mulleres acusaron a José Tomé de, supostamente, acosalas sexualmente. Aseguraron a un programa da Cuatro que os máximos dirixentes socialistas en Galicia eran coñecedores da situación. A primeira declaración de Besteiro foi negalo. Dixo que nada sabía.

Tres días despois e coa axenda cancelada reaparece ante os medios. Admite que si coñecía as acusacións dende outubro por unha terceira persoa pero que non lle constaba que formalizaran as denuncias.

Tomé renuncia á militancia, a controlar o partido na provincia de Lugo e á presidencia da Deputación pero mantén a alcaldía de Monforte e a súa acta como deputado provincial. Obriga así ao PSdeG a contar co seu voto se quere conservar o organismo gobernado por socialistas e nacionalistas. Tomé queda coa chave na Deputación de Lugo co seu voto como non adscrito. 

O BNG terá que aclarar se se manteñen ou non no goberno provincial co PSOE e con Tomé como non adscrito. Terían que votar xuntos. Os populares acusan os socialistas de mentir e instan os nacionalistas a que abandonen o goberno da Deputación de Lugo.

Unha tormenta política en Galicia que deixa os socialistas de Lugo en mans dunha xestora e con voces críticas dentro do partido pola xestión levaba a cabo pola executiva neste caso de suposto acoso. Polo momento unha dimisión: a da secretaria de Igualdade do PSOE galego, Silvia Fraga.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade