Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta pídelle ao Goberno axilidade na conexión do AVE con Lisboa

A Xunta pídelle ao Goberno axilidade na conexión do AVE con Lisboa

Diego Calvo reclámalle ao Executivo central que "se poña as pilas" para materializar o treito galego

G24.gal 07/03/2026 13:41 Última actualización 07/03/2026 14:20

O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, pediulle ao Goberno central que "se poña as pilas e empece a traballar" para axilizar a conexión do AVE con Portugal.

"Que se poña as pilas, que empece a traballar e que axilice canto antes esta conexión ou, pola contra, vai chegar o AVE portugués á fronteira e imos estar en España aínda facendo trámites".

Preguntado sobre o novo prazo do treito Lisboa-Vigo, que Portugal sitúa agora a finais de 2033, Calvo lamenta que nos documentos do cume hispano-luso celebrado en Rábida (Huelva) "non aparece ningunha mención ao AVE".

Ademais, critica a ausencia nesta cita do ministro de Transportes, Óscar Puente, cando é "un dos asuntos que máis nos preocupa tanto en Portugal como en España". Tamén censura que se celebrara "sen avisar ás comunidades autónomas".

Calvo lembra que a Xunta se reuniu co alcalde do Porto "fai moi pouco" e "ratificounos que, efectivamente, Portugal segue apostando pola conexión con España a través de Vigo e, loxicamente, tamén con Madrid, e que seguían pensando nese ano 2032".

"Pode ser que sexa no 32 ou no 33, pero que o obxectivo é cumprir o 32", engadiu.

Con todo, denunciou que "por parte do Goberno de España os compromisos seguen sen ser claros" e intúe que non haberá "conexión antes do ano 37 ou 38, como moi pronto".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade