O PPdeG aposta por aumentar as candidatas nas municipais de 2027 na efeméride do 8-M
Rueda criticou as "leccións" que pretenden dar PSOE e BNG e en igualdade, mentres a Xunta impulsa leis "pioneiras" en España nesta materia
O Partido Popular de Galicia reuniu este venres en Ribeira alcaldesas e exalcaldesas para reflexionar sobre o papel dos gobernos locais na loita pola igualdade. Os populares presumen de ser o partido de Galicia con máis rexedoras, con 31, e o presidente da formación, Alfonso Rueda, marca o reto de ter máis candidatas e rexedoras nas eleccións municipais de 2027.
Durante o acto celebráronse dúas mesas redondas, unha moderada pola conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, na que participaron as ex alcaldesas de Lousame (Teresa Villaverde), Guntín (María José Gómez), Cartelle (Carmen Leyte), e Moraña (Luisa Piñeiro); e outra moderada pola secrearia xeral dos populares, Paula Prado, na que interviron as rexedoras de Trazo (Fina Suárez), Viveiro (Mariña Gueimunde), Boborás (Patricia Torres) e Oia (Cristina Correa).
No peche do acto, Alfonso Rueda dixo que sería un "enorme éxito" ter máis candidatas nas vindeiras eleccións municipais e máis alcaldesas e amosou o seu "orgullo" polas mulleres do partido. O presidente dos populares criticou as "leccións" que pretenden dar PSOE e BNG e en igualdade, mentres a Xunta impulsa leis "pionieras" en España nesta materia.
Os populares critican as leccións de feminismo da oposición e reivindícanse impulsore de leis pioneiras en España en igualdade.