Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno portugués compromete o AVE entre O Porto e a fronteira con Galicia para 2033

O Goberno portugués compromete o AVE entre O Porto e a fronteira con Galicia para 2033

Pedro Sánchez admite que a conexión ata Vigo "precisa un acelerón" e non concreta datas para o remate das obras

Europa Press
G24.gal 06/03/2026 20:28

O Goberno portugués admite que o proxecto da alta velocidade entre O Porto e Vigo vai máis lento do desexado. Pero co estado actual das obras, o primeiro ministro, Luís Montenegro, estima que a parte lusa, ata a fronteira con Galicia, estará rematada no horizonte de 2033.

Luís Montenegro, o primeiro ministro de Portugal, di: "Dentro dun calendario que cremos que pode ser cumprido, estimamos que en 2032 ou 2033 pode estar concluído.

O presidente do Goberno evitou concretar datas para a execución do treito español. Agora mesmo está adxudicado o estudo informativo entre O Porriño e a fronteira portuguesa. O da saída sur de Vigo adiouse ata mediados de 2027.

 "É verdade que hai algúns investimentos que teñen que axilizarse, que teñen que acelerarse, pero pode ter o compromiso do Goberno de España de que o imos facer", di Pedro Sánchez.

O estado do proxecto descarta a posibilidade incicial de que España e Portugal estean conectadas por AVE para o Mundial de 2030.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade