A folga xeral en Portugal provoca as primeiras incidencias nos transportes
O metro de Lisboa permanece pechado e trens, autobuses e aeroportos operan con servizos mínimos durante a xornada de protesta
A folga xeral convocada este mércores en Portugal para as protestas contra a reforma laboral impulsada polo Goberno de centrodereita deixa os seus primeiros efectos na maña, sobre todo no sector de transportes.
Durante a xornada prevese que os servizos de trens e autobús se vexan afectados en boa parte do país, así como os aeroportos, aínda que para moitos deles decretáronse servizos mímimos. A compañía de Comboios de Portugal advirte das posibles alteracións na circulación dos trens tanto en servizos nacionais coma rexionais.
No aeroporto de Lisboa, o máis importante do país, rexistránronse máis de dunha trintena de voos cancelados previstos para este mércores, mentres que a aeroliña TAP anunciou que operará 79 voos no marco dos servizos mínimos establecidos durante a protesta.
Na capital portguesa, o metro permanece pechado e algunhas liñas de autobús funcionan con servizos mímimos. Tamén se prevé que a paralización afecte escolas e hospitais de toda a zona, entre outros sectores.
A folga convocada pola Confederación Xeral dos Traballadores Portugueses-Intersindical Nacional (CGPT-IN), comezou a medianoite e prolongarase durante 24 horas, aínda que os seus efectos poderían estenderse as primeiras horas do xoves.
O secretario xeral da CGTP-IN, Tiago Oliveira, pediu aos traballadores que secunden a convocatoria, ao considerar que a reforma laboral promovida polo Executivo é prexudicial para os seus dereitos. Ademáis, o Goberno luso expresou a súa confianza en que a maioría dos portugueses acudan ao seus postos de traballos, e pediu que non se condicione a quen decida non participar na protesta.
Ao longo da xornada está prevista unha manifestación en Lisboa convocada polor sindicatos. Trátase da segunda folga xeral rexistrada en Portugal en menos de seis meses, ambas impulsadas en resposta á proposta do Goberno para modificar a lexislación laboral.
Os sindicatos opoñense á reforma, ao considerar que flexibiliza os horarios laborais, amplía as formas de contratación precaria, facilita os despedimentos e limita dereitos relacionados coa maternidade e paternidade.