Publicador de contidos

Publicador de contidos

Quedan en liberdade con retirada de pasaporte Leire Díez, Antxon Alonso e o expresidente da SEPI

Quedan en liberdade con retirada de pasaporte Leire Díez, Antxon Alonso e o expresidente da SEPI

Despois de tres días nos calabozos da Garda Civil, os tres investigados declararon na Audiencia Nacional 

Os tres foron detidos o mércores pasado por presuntas irregularidades en contratos públicos por axentes da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil

A UCO acode a Correos, Facenda e Transición Ecolóxica pola trama de Leire Díez  na procura de documentación

G24.gal 13/12/2025 12:12 Última actualización 13/12/2025 13:25

O xuíz da Audiencia Nacional Antonio Piña interrogou este sábado a Leire Díez e outros dous implicados nos supostos casos de corrupción que afectan a contorna do PSOE. Os tres saíron en liberdade, aínda que non poden sair de España. 

Os tres investigados son Leire Díez, exmilitante socialista, o expresidente da SEPI Vicente Fernández, e Antxon Alonso, socio do exsecretario de organización socialista Santos Cerdán na empresa Servinabar. 

A Fiscalía Anticorrupción non pediu prisión pero sí a retirada dos pasaportes

Os tres compareceron na Audiencia Nacional despois de pasaren tres noites nos calabozos da Garda Civil. O maxistrado investigaos polos presuntos delitos de prevaricación, malversación, tráfico de influencias e organización criminal. Despois de unha hora e media declarando, os tres quedaron en liberdade, aínda que a Fiscalía Anticorrupción pediu a retirada dos pasaportes para impedir a saída do territorio nacional.

Os tres foron detidos o mércores pasado por presuntas irregularidades en contratos públicos

Os tres foron detidos o mércores pasado por presuntas irregularidades en contratos públicos por axentes da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil, nunha operación dirixida polo Xulgado Central de Instrución 6 da Audiencia Nacional, do que Piña é o titular, en coordinación coa Fiscalía Anticorrupción.

Os delitos polos que os investigan no marco desta causa, que se atopa baixo segredo, son prevaricación, malversación, tráfico de influencias e organización criminal.

Os arrestados serán postos a disposición da Audiencia Nacional tras esgotarse o prazo máximo de tres días de detención, durante os que permaneceron en calabazos da Comandancia da Garda Civil en Tres Cantos (Madrid).

En paralelo ás detencións, a UCO estivo practicando desde o mércores unha vintena de entradas e rexistros e requirimentos de documentación en organismos, empresas e domicilios que supostamente relacionados cos contratos baixo sospeita en varias provincias, entre elas Madrid, Zaragoza, Sevilla ou Navarra.

Os axentes acudiron a pedir información á SEPI e a Correos, e rexistraron a sede de Enusa, empresa de titularidade pública dependente da primeira e na que Leire Díez estivo contratada como responsable de comunicación coincidindo coa etapa na que Vicente Fernández presidiu a SEPI (2018-2019). En Correos, onde chegou a ser directora de Filatelia, tivo varios cargos ata 2023.

Xoves e venres a UCO acudiu a organismos dependentes  de varios ministerios na procura da documentación

Este venres, un día antes de que fosen postos a disposición xudicial, a UCO acudiu a organismos dependentes dos ministerios de Facenda e Transición Ecolóxica, fundamentalmente direccións xerais, en busca de documentación sobre contratos e subvencións baixo a lupa dos investigadores.

En concreto, os axentes requiriron información á Dirección Xeral de Patrimonio do Estado ou ao Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais (de Facenda) ou a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas (Transición Ecolóxica). Tamén acudiron este venres a Cofivacasa, pertencente á SEPI.

O xoves, a UCO acudiu a solicitar documentación ás empresas públicas Sepides e Mercasa e acudiron tamén ás instalacións de Forestalia en Zaragoza e Madrid; á asesoría fiscal Conaudire, na capital maña, ou á empresa Cemsal.

Tamén rexistraron un bar de Sevilla xestionado pola sociedade La Bola Innovación, creada en 2014 pola parella do expresidente da SEPI, quen foi administradora ata xuño de 2023, cando tomou a remuda o propio Vicente Fernández. A UCO incautouse da contabilidade e de dispositivos do local para determinar se puido usarse para branquear diñeiro presuntamente ilícito da trama investigada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade